Que debe saber antes de reservar?
Para garantir a reserva débenos de facilitar un número de tarxeta de crédito que o pode facer directamente na nosa web ou contactándonos por teléfono.
CHECK IN ( Entrada ) : 16:00 – 21:00 CHECK OUT ( Saída ): 11:00
Somos esixentes cos horarios nos que debe facer o chek- in e chek-out., pensamos no descanso dos hóspedes que están aloxados e na entrega puntual do aloxamento ós novos hóspedes.
Non temos servizo de recepción nos aloxamentos, con antelación á data de entrada, contactarémosche para dar instrucións do método de chek-in e facilitarche a información que precisas para aloxarte.
CONDICIÓNS DA RESERVA
As reservas pódense realizar en liña: a través do xestor de dispoñibilidade da nosa web ou enviándonos un correo electrónico. Tamén poden poñerse en contacto connosco nos teléfonos que aparecen ao pé de páxina.
Unha vez confirmada a reserva chegaralles ao correo electrónico que facilitaron un email cun número de reserva e as características e condicións da mesma. Teñan en conta que o número de persoas que especifiquen na reserva debe ser o mesmo que ocupe finalmente o apartamento, sendo obrigatoria a presenza dun adulto de máis de 18 anos para alugar o apartamento.
A cobranza da reserva unha vez é que esta é firme poderase facer en calquera momento na tarxeta de crédito que deu como garantía da reserva.
Non se cobrarán custos adicionais fóra dos especificados nos extras ou aqueles que deban cubrir danos ocasionados á propiedade.
POLÍTICAS DE CANCELACIÓN
Reembolso completo para as cancelacións que se realicen ata 7 días antes da chegada. Se cancela faltando 7 ou menos días da chegada non lle corresponderá ningún reembolso
Por causa directa de Covid-19 debidamente xustificada por calquera das partes, a cancelación é gratuíta independentemente da data na que esta se realice.