A CASA DAS TRABANCAS ABRE AS SÚAS PORTAS AO PÚBLICO

O edificio de apartamentos a Casa das Trabancas, ubicado no casco histórico de Tui, acaba de abrir as súas portas. Este edificio, con máis de 400 anos, foi completamente restaurado en 2019.

 

Que atoparás nos apartamentos da Casa das Trabancas

 

Esta solución de aloxamento está concebida para turismo e para negocios, indistintamente. Todos os apartamentos contan con cuarto, salón cociña totalmente equipada, vestíbulo, baño e sistema de climatización. Por suposto, tamén se inclúe a conexión a internet e a televisión.

 

A idea principal foi a de combinar tradición con comodidade. Por esa razón, cada un dos 5 apartamentos ten unha personalidade determinada. En todos utilizamos materiais tradicionais, pero existen opcións máis vangardistas ou acolledoras, segundo o que precisedes.

 

Outro aspecto ao que lle demos especial importancia é a sostibilidade e a integración no entorno. A fachada orixinal respetouse, utilizamos materiais de construcción autóctonos e, ademáis, noso sistema de climatización e renovación con recuperación, que incorpora filtros de pole, optimiza o consumo de enerxía e garante a calidade do aire.

 

Tui como destino turístico de referencia

 

A cidade de Tui é un destino turístico emerxente que une historia, paisaxe e actividade. Ubicado na ribeira do río Miño e fronteirizo con Portugal, o concello conta con multitude de atractivos para todo tipo de visitantes.

 

Por unha banda, o patrimonio histórico é moi rico e variado; dende a Catedral de Santa María que combina elementos románicos e góticos, ao Convento das Clarisas ou o de Santo Domingo, pasando polas igrexas de San Telmo e San Francisco, a Ponte Internacional ou o Paseo da Corredoira. Ademais, no concello atoparás varios recunchos de fantasía, dende os Xardíns de Troncoso ao Paseo Fluvial na ribeira do Miño e, como non, o parque natural do Monte Aloia.

 

Tui, pola súa condición de cabeceira comarcal do Baixo Miño, ten unha animada vida comercial. E non hai que esquecer a súa proximidade a localidades importantes como Valença ou Vigo.

 

Conclusión

 

A Casa das Trabancas, aberta durante todo o ano, é unha boa alternativa de turismo de calidade e respectuoso co entorno, Contáctanos para facer a túa reserva!

Mércores, 09 de Febreiro del 2022 a las 11:32 |
Categorías: Novas |