Vivenda de uso turísticoCasa das Trabancas
A Casa das Trabancas é un edificio de apartamentos de uso turístico ubicado no casco histórico de Tui, capital do Baixo Miño e da provincia homónima do Antiguo Reino de Galicia. O edificio, con mais de 400 anos de historia, foi rehabilitado integralmente en 2019 para que poidas disfrutar de tódalas comodidades e visitar a zona, tanto do Baixo Miño como do norte de Portugal.

Canicouba
O apartamento Canicouba, que era a rúa da xudaría de Tui na época medieval, é totalmente exterior e idóneo para un uso individual, parellas, familias con fillos ou amigos. Ideal para hospedarse por motivos de ocio ou profesionais. neste apartamento admítense mascotas baixo petición.

Azougue
O apartamento Azougue, nome co cal se denominaba a praza que facía a función de mercado na época medieval, é moi luminoso e está pensado para un uso individual, en parella ou con amigos tanto para vacacións como por motivos profesionais. Neste apartamento admítese mascota baixo petición.

Porta do Arco
O apartamento porta do Arco, recibe o nome dunha das antigas entradas a Tui, co seu balcón de excelentes vistas do paseo da Corredoira, pensado para uns días de ocio ou traballo, ben sexa de forma individual, amigos ou familia.

Porta Vergán
O apartamento Porta Vergán toma seu nome dunha das antigas entradas da cidade, co seu magnífico balcón con baranda de forxa e excelentes vistas, é ideal para un uso en parella, amigos ou familia.

Torre Vella
O apartamento Torre Vella, fai referencia a unha das seis torres que formaban parte das fortificacións medievais tudenses, con excelentes vistas á muralla medieval e campanario da Catedral e pola súa cara nordeste ao Monte Aloia. É ideal para parellas, amigos ou familia por motivos de ocio ou profesionais.
Cidade Histórica
Inicio do Camiño de Santiago Portugués, Tui
Disfruta do valor dunha Cidade Histórica, declarada Conxunto Histórico-Artístico e Inicio do Camiño de Santiago Portugués, aloxándote nos nosos apartamentos aos pés da Muralla Medieval e da Catedral de Tui. Déixate seducir polo encanto dunha das sete capitais do Reino da Galiza, territorio fronteirizo que, xunto con Valença do Minho, conforma unha Eurocidade. Tui é a capital do Baixo Miño e a porta de entrada as Rías Baixas galegas.